A FRUGA acusa á Consellería do Medio Rural e do Mar de favorecerlle a certa parte da Industria prezos da uva á súa conveniencia

 Desde a entrada do Partido Popular na xestión da  Consellería do Medio Rural e do Mar o sector vitivinícola vai perdendo a continuidade dos contratos de compra-venda de uva ata súa práctica desaparición. Despois de varias reunións “infructuosas” onde a Consellería figura como mera espectadora, sen exercer o seu papel político de arbitraxe que lle corresponde para que as diferentes partes cheguen a acordos.

 Desde a FRUGA considérase que existe un grupo de empresas que teñen posibles “coincidencias” co Partido Popular en permitir que no momento da vendima se entreguen uvas sen calquera garantía e previsión no que respecta aos prezos.

 A FRUGA demanda a volta das Mesas de Negociación para acadar acordos con aquelas adegas realmente interesadas en asinar contratos. Así mesmo a Consellería do Medio Rural pode establecer incentivos en materias de promoción condicionados á consecución dos ditos contratos.

 Na actual situación e diante da vindeira vendima, e coa inoperancia da Consellería, vaise permitir que se “entreguen” uvas por debaixo do custe de produción, o que ocasionará graves problemas de rendibilidade a moitos produtores e moitas adegas que producen a súa propia uva, o que na práctica suporá a baixada da calidade global das Denominacións de Orixe, e que tamén ocasionará co tempo un continuo abandono de moitas explotacións vitivinícolas, xa que hai unha correlación entre os prezos da uva e os prezos das botellas nos nosos mercados, que ocupan os espazos de alto valor engadido. A viticultura galega abranxe importantes espazos territoriais de terra fértil e ten posicionado os  seus viños nos máis selectos mercados no que respecta á calidade e prestixio, atributos que casan mal cos prezos de “réxime mesetario” que se queren impor, semella que se desexa instalar un novo “status quo” que só pode beneficiar  a unha moi pequena parte do sector. 

 

Xurxo Álvarez Pérez

Presidente da FRUGA e colleiteiro do Ribeiro

616223891

Visitas: 154

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2019   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio