El proceso de quiebra de Maceriras y Esmoris SL entra de lleno en el caso del presunto fraude forestal en Costa da Morte, según FRUGA

O proceso concursal de Maceriras e Esmoris SL entra de cheo no caso da pesunta fraude forestal na Costa da Morte

Desde a empresa estase a reclamar o pagamente das facturas dos traballos forestais que están a ser investigados polo Xulgado de Corcubión

 Cee, 27 de decembro de 2013.- Nos últimos dias están a chegar numerosas cartas a domicílios da Costa da Morte, emitidas desde a empresa Maceiras e Esmoris, nas que informan do auto xudicial ditado polo Xulgado do Mercantil nº 2 de A Coruña, que en 25 de outubro declarou à citada empresa en situación legal de concurso de acreedores. Pero a surpresa chega cando através desta carta se reclama o pagamento de supostas facturas pendentes, resultado do estudo da contabilidade da empresa por parte da  Administración Concursal designada.

Xunto con esta comunicación achegase copia da factura emitida pola empresa e copia do libro maior da contabilidade da mesma.

 

Ingignación dos e das afetadas pola fraude

As facturas fan referencia tanto aos traballos forestais denunciados polos veciños e veciñas organizados através da FRUGA como outros que tamén están a ser investigados desde o Xulgado e que poderian ter sido tamén xestionados de maneira irregular.

Surpresivamente  moitas destas facturas correspondense con expedientes aprovados pola Consellaria do Medio Rural e do Mar e que polo tanto contaban con documentos acreditativos do pagamento das mesmas, que ao parecer non figuran na contabilidade da empresa.

Estas comunicacións non fan mais que indignar ainda mais, se cabe, as vítimas desta presunta fraude às que se lles están a reclamar uns cartos que eles nunca chegaron a xestionar e que foron “movidos” por diferentes contas e sucursais bancarias no seu nome tal e como teñen denunciado, e que ten levado à imputación de distintos responsábeis de entidades bancarias do concello de Vimianzo

 

Ampliación da denuncia

Desde os servizos xurídicos dispostos pola FRUGA para dar cobertura aos e ás denunciantes estase a pór en coñecemento do Xulgado de Corcubión esta nova situación que afecta xá a varios dos denunciantes que xa teñen pasado polo Xulgado.

 

Poden ampliar esta información contactando con Gabriel López, coordenar da FRUGA na Costa da Morte, no telefone 608.756582

Obrigados pola súa atención.

Visitas: 140

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2019   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio