FRUGA apuesta por la produccion de forrajes en sistemas ganaderos sostenibles y realiza una jornada formativa en Mabegondo

FRUGA APOSTA POLA PRODUCIÓN DE FORRAXES EN SISTEMAS GANDEIROS SOSTIBLES CUNHA XORNADA FORMATIVA EN MABEGONDO.
Gandeiros/as e persoal de FRUGA avaliaron no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (C.I.A.M.) as novidades forraxeiras na redución de custos de produción.
Lugo. As granxas de vacún galegas mostraron nas últimas décadas unha grande capacidade de adaptación, aí é onde se atopa a súa principal fortaleza, e por iso é un sector con futuro. O encarecemento dos custos de produción, principalmente o derivado da suba dos cereais, sumado á próxima reforma da PAC, que enfocará as axudas en base á superficie, fai que a extensificación e o aumento da produtividade da terra sexan dúas cuestións nas debamos afondar. O Partido Popular, contrariamente aos intereses do sector, continúa a mirar cara outro lado ante as súas necesidades; sirva como exemplo a súa actitude ante a falta de terra agraria que padece Galiza: cando recuperou o goberno galego freou, ata case parar, unha ferramenta que comezaba dar os seus resultados: o Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL).
Desde FRUGA pensamos que un sector dinámico como é o de vacún, precisa de estímulos desde diferentes puntos de vista, tamén desde o formativo. FRUGA, en colaboración co CIAM, organiza un plan formativo desde o ano 2012, desta volta organizou unha nova visita ao centro onde nos atendeu un grupo de investigadores coordinado por Gonzalo Flores e no que interviron Cesar Resch, Juan Valladares e Bruno Fernández.
Nesta xornada primeiramente avaliáronse os resultados dos últimos ensaios que se están a levar a cabo no CIAM no sector de vacún: en pastoreo analizouse a produción de leite rico en antioxidantes a partir da composición das pradeiras, no tocante a producións máis intensivas, valoráronse os resultados do uso de inoculantes protosintéticos na mellora dos ensilados.
Seguidamente visitáronse os ensaios de cultivos con distintas especies de leguminosas anuais e as súas mesturas con raigrás en rotación con millo ou sorgo forraxeiro. Coas diferentes opcións que nos dan estes cultivos, pódense acadar reducións de custos nas explotacións por dúas vías: conseguindo ensilados cun maior porcentaxe de proteína, o que incide nunha necesidade de compra de cereal con alto contido en proteína como a soia, e tamén reducindo o gasto en adubo mineral xa que se empregan plantas que son capaces de fixar nitróxeno directamente no solo.
A valoración xeral desta experiencia foi moi positiva tanto polos gandeiros como polos propios investigadores do CIAM, xa que se consegue algo moi importante, que é a transferencia dos avances no campo da investigación agraria punteira en Galiza ás granxas galegas.
NOTA: xúntase foto da visita ao CIAM

Visitas: 199

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2019   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio