FRUGA coincide con los gobiernos catalán y vasco en la valoración de los resultados de la Conferencia Sectorial sobre la nueva PAC

 FRUGA COINCIDE COS GOBERNOS CATALAN E VASCO NA VALORACIÓN DOS RESULTADO DA CONFERENCIA SECTORIAL SOBRE A NOVA PAC.

 O Ministerio de Agricultura quere impor unha contrarreforma da PAC desde unha visión centralista e uniformadora, usurpando competencias exclusivas das Comunidades Autónomas.

 Galiza, 30 de xaneiro de 2013.- Os días 24 e 25 de xullo tivo lugar en Madrid a Conferencia Sectorial de Agricultura, co fin de debater e acordar o modelo de aplicación da reforma da PAC 2015-2020 no marco do Estado español.

 A maioría das comunidades autónomas que fan parte do Estado español, incluída a da Galiza, deron por boas as propostas presentadas polo Ministerio de Agricultura a excepción de Euskadi e Cataluña.

 Os motivos que alegan as representacións dos gobernos vasco e catalán, para as non aceptar, teñen a ver coa vontade do goberno español de “españolizar” a agricultura, así como valeirar de competencias ás comunidades autónomas.

 Galiza, ao igual que Euskadi e Cataluña, ten competencias plenas e exclusivas en materias como agricultura, gandería e monte, no marco da aplicación da política agraria no seu territorio. Os gobernos destas dúas nacións esixiron do goberno español que respecte as competencias lexislativas, executivas e de xestión que teñen transferidas en materia agrícola e que de non ser así resérvanse o dereito a usar todas as acción que consideren oportunas. Esta posición contrasta coa mantida polo goberno galego, que parece estar de acordo coa usurpación das competencias que Galiza ten.

 A Federación Rural Galega – FRUGA xa denunciou no seu momento, cando o dia 20 de xullo organizamos un seminario co obxectivo de propor unha alternativa galega para a aplicación da nova PAC, o intento recentralizador que o Ministerio de Agricultura intenta implantar baixo a escusa da harmonización, co falso argumento de evitar desigualdades de trato entre as persoas beneficiarias.

  A FRUGA defende que as axudas só as cobren aquelas persoas físicas ou xurídicas que cumpran coa condición de Agricultor/a a Título Principal e que se limiten as axudas a un máximo de 100.000€  por solicitante e que se aplique un pagamento adicional ás primeiras hectáreas, así como establecer axudas ligadas ao sector leiteiro e de vacún de carne. No sector do viño apostamos por manter os dereitos de plantación e as axudas específicas deste sector.

 Todas estas propostas non foron tidas en conta na Conferencia Sectorial, co que a agricultura galega sairá perdendo, mas o mais preocupante ten a ver coa política de desenvolvemento rural. Até agora Galiza contaba dun programa propio, agora o goberno español quere apropiarse da maioría dos programas que contemplaban o PDR galego e dos fondos que os amparaban.

 Desde o noso punto de vista fica claro que Galiza non pode renunciar a ter unha política agraria propia ao tempo que defender unha posición clara e valente perante as agresións do goberno español para mellor defender os nosos sectores produtivos agrarios e un mundo rural galego vivo e con futuro.

Para mais información pórse en contacto con

Manuel Da Cal

Tlf. 636 549 853

Visitas: 103

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2018   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio