FRUGA considera infundadas las argumentaciones de la Consejeria para no incluir un precio mínimo en el contrato homologado del Riveiro

A FRUGA considera infundadas as argumentacións da Consellería do Medio Rural para non incluír un prezo mínimo no contrato homologado do Ribeiro

Diante das reiteradas apelacións por parte de responsables da Consellería de Medio Rural e do Mar sobre unha suposta prohibición por parte da lexislación sobre “Competencia”, (referida á “Comisión Nacional de la Competencia, ou na propia “Ley 15/2007, de 3 de julio, de Defensa de la Competencia”), a FRUGA considera totalmente carentes de base xurídica as ditas afirmacións que se empregan para xustificaren a eliminación do prezo mínimo na proposta de contrato homologado para a uva do Ribeiro.

 O Secretario Xeral de Ms exercita unha clara manobra de deturpación da lexislación estatal e comunitaria sobre competencia ao negar a posibilidade da existencia dun acordo concertado entre empresas e viticultores para fixar un prezo nunha Denominación que limita significativamente a orixe e características da materia prima, e que supón na práctica un acordo de “importancia menor”. A lexislación comunitaria e estatal sobre competencia establece claramente exclusións do ámbito de prohibicións e limitacións aos ámbitos que pola súa dimensión, o Ribeiro supón menos do 0,2% da produción de uva do Estado, resultan totalmente insignificante a súa influencia no ámbito do mercado dentro do Estado.

 Por tanto, desde a FRUGA considera inverosímil que os servizos xurídicos da Consellería do Medio Rural e o Mar asesoren “erradamente” ao Secretario Xeral, haberá outras razóns “políticas” para condicionar negativamente a consecución de acordos no Ribeiro e outras Denominacións, entre esas “razóns” puidera estar a conivencia cunha historicamente contrastada baixa disposición de certo sector empresarial do Ribeiro a asinar acordos. En todo caso a FRUGA non apoiará ningún acordo que non contemple unha referencia de prezo mínimo en atención aos parámetros esixibles de calidade e madurez, así como as lóxicas aplicacións de primas ou descontos.  

 

Xurxo Álvarez Pérez

Presidente da FRUGA e colleiteiro do Ribeiro

616223891

Visitas: 119

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2019   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio