FRUGA exige a la Consejería de Medio Rural la puesta a disposición de los GDR,S de las partidas económicas necesarias para su desarrollo

FRUGA ESIXE Á CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL A POSTA A DISPOSICIÓN DOS GDR´S DAS PARTIDAS ECONÓMICAS NECESARIAS PARA O SEU FUNCIONAMENTO.

 O bloqueo económico por parte da Consellería está poñendo en perigo o seu funcionamento e a execución dos proxectos de desenvolvemento rural presentados ou aprobados.

 Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2013. A Consellería do medio Rural e do Mar está a dar novamente unha mostra de desleixo a respecto do mundo rural galego, ou máis claramente, un novo ataque á súa dinamización e supervivencia.

 A día de hoxe a inmensa maioría dos Grupos de Desenvolvemento Rural están sufrindo unha asfixia e un bloqueo económico por parte da Consellería que impide o seu normal funcionamento. As partidas orzamentarias correspondentes ás anualidades 2014 e 2015 para desenvolver a súa actividade seguen sen ser consignadas pola administración galega, o que está a provocar a paralización, non só da xestión diaria dos GDR´s, se non tamén dos proxectos de dinamización do mundo rural pendentes para ser postos en marcha ou aprobados.

 Propostas e iniciativas promovidas dende a base do mundo rural galego están paralizadas, co que isto trae de perda de oportunidades e desánimo e frustración na xente con máis iniciativa.

 Asemade, debido ás esperas polas confirmacións das solicitudes de axuda, moitos provedores e pequenos empresarios do rural están perdendo oportunidades de negocio na prestación de servizos, materiais e subministros para a realización de obras e actividades; nun momento moi delicado economicamente e que no rural ten unha incidencia maior.

 Persoal adscrito aos GDR´s, con funcións de dinamizadores do mundo rural e xestores de proxectos de dinamización,  levan meses sen cobrar as súas nóminas.

 Por todo isto, dende FRUGA solicitamos do Goberno Galego, en concreto da Consellería do Medio Rural e do Mar, a posta a disposición dos GDR´s das partidas económicas comprometidas e necesarias para o seu funcionamento e para lograr o cumprimento da súa función que non é outra que a dinamización do mundo rural galego.

 Non pode ser que a xente que esta disposta a investir non o faga ou atrase as inversións pola incompetencia administrativa da XUNTA. Sobre todo cando a XUNTA só aporta 1 de cada 10 € da axuda (o resto procede do Estado Español e da U.E.), e a administración central recupera máis da metade da axuda dada co imposto do IVE.

 Se non é así, estaremos asistindo á confirmación de que a liña a seguir por este goberno galego é a eliminación do mundo rural galego, da súa capacidade de xerar riqueza e dinamismo. Estaremos certificando o interese deste goberno na eliminación dos Grupos de Desenvolvemento Rural e o que eles representan de apoio e dinamización do noso mundo rural, interese que xa se demostrou na falta de defensa deste goberno galego dun Plan de Desenvolvemento Rural propio para Galiza nas actuais negociacións da reforma da PAC. Sería a primeira vez dende que existen os plans europeos de desenvolvemento rural que Galiza non contara con un plan propio e específico adaptado ás súas necesidades e características. Así pois, de non cambiar a actitude da Xunta de Galiza a respecto do desenvolvemento rural, poderemos afirmar que non é inoperancia e desleixo, se non claramente afán de eliminación.

 

Visitas: 53

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2017   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio