FRUGA Exige a la Junta de Galicia explicaciones ante el aumento injustificado de sacrificios obligatorios después del saneamiento animal

FRUGA ESIXE Á XUNTA DE GALIZA EXPLICACIÓNS ANTE O AUMENTO DE SACRIFICIOS OBRIGATORIOS INXUSTIFICADOS DE RESES DESPOIS DO SANEMENTO ANIMAL

Nesta campaña o aumento de positivos provisionais que supoñen facer sacrificios e que logo na proba confirmatoria en matadoiro resultan negativos, é brutal.

Lugo, 28 de Abril de 2014. As campañas de saneamento gandeiro son programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar ás especies gandeiras con grave incidencia na súa capacidade reprodutiva, na libre comercialización dos animais, nas súas producións e cunha importante repercusión na saúde pública. Este saneamento, que se realiza ao total da cabana bovina galega e que é importante para detectar posibles enfermidades, trátase dun programa asentado con máis de 30 anos de historia.

Esta campaña 2014, que aínda está dando os seus primeiros pasos, está levantando gran preocupación nas explotacións de vacún galegas, o motivo é o alarmante, e aparentemente inxustificado, número de positivos na proba preliminar empregada para a deteción da tuberculose e que provoca grandes perxuicios nas explotacións gandeiras.

No caso de que apareza algún positivo provisional no caso da tuberculose, por unha parte toda a cabana gandeira inmobilízase temporalmente agás para sacrificio, e por outra, dependendo da intensidade da afección detectada, teñen que sacrificarse animais. Neste caso, as reses unha vez mortas, faiselles outra prova confirmatoria, pero acontece que, nos resultados confirmatorios que se fan unha vez sacrificada a res, sobre o 95 % resultan finalmente negativos.

Temos detectado que na comarca de A Ulloa, que é unha das zonas polas que está comezando este ano o saneamento, o número de positivos provisionais na proba preliminar na tuberculose, son, dependendo do concello, de ata o 200 ou 300 % máis alto, de xeito que estamos a falar de máis de 100 explotacións gandeiras inmobilizadas. Temos que ter en conta que campaña de saneamento fíxose nesa comarca sobre a metade do total, polo que o resultado final pode ser catastrófico. Ademáis, moitas destas granxas non tiveran problemas deste tipo en décadas e a recría faise integramente dentro da explotación.

Desde FRUGA comprendemos que, en caso de detectarse unha enfermidade que se poida  contaxiar dun animal a outro, o máis positivo é sacrificalo, pero non comprendemos que se teñan  que sacrificar animais dos que non se ten a certeza que están enfermos. A Xunta de Galiza é a responsable de que se cumplan todas as garantías e de que se empreguen os métodos máis fiables e correctos, esas garantías tamén deben telas os propios/as gandeiros/as antes de sacrificar os seus animais.

Seguiremos atentos ao que aconteza nesta campaña de sanemento ao tempo que esperamos expliacións por parte da consellería do medio rural desta problemática

Para completar esta información poden contactar con:

Elías Somoza Regueiro, responsábel de Sectores Gandeiros da Federación Rural Galega-FRUGA, no 681 040 159

Gazas pola súa atención

Visitas: 146

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2019   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio