FRUGA se suma al homenaje popular a Moncho Valcerce que se celebrará este sábado en Encrobas, Cerceda.

FRUGA SÚMASE Á HOMENAXE POPULAR A MONCHO VALCERCE QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO 31 NAS ENCROBAS

 Dende a Federación Rural Galega-FRUGA queremos manifestar o noso apoio e participación na homenaxe popular a Moncho Valcarce que polo 20 aniversario do seu pasamento se vai celebrar este sábado 31 de agosto nas Encrobas, Cerceda. Unha delegación de FRUGA encabezada polo seu Presidente, Xurxo Álvarez, o seu Coordinador Xeral, Manuel Da Cal, e outros e outras membros da Dirección Nacional de FRUGA se desprazará este sábado ás Encrobas para participar nesta homenaxe.

 Moncho Valcarce foi peza fundamental e senlleira no espallamento e consolidación do sindicalismo agrario nacionalista. Foi referente carismático naquelas loitas agrarias en Galiza onde se consolidou e se efectivizou a máxima nacionalista da autorganización do pobo, neste caso dos labregos e labregas. Principio básico e fundamental, dotarse de organizacións propias, sen dependencias alleas, que doten ao pobo galego das ferramentas precisas para a defensa dos seus intereses e para avanzar no seu proceso de autodeterminación. Estas, e outras máis, foron ideas polas que loitou Moncho Valcarcer e que FRUGA segue a defender no día de hoxe, é por iso que nos sentimos herdeiros da súa loita, do seu pensamento e do seu exemplo.

 Parabenizar á Irmandade Moncho Valcarcer pola organización desta homenaxe e polo inmenso e esforzado traballo de todos estes anos, no mantemento da memoria da figura de Moncho Valcarcer, das súas ideas e do seu exemplo.

 Para máis información: Manuel Da Cal, Coordenador de FRUGA. Tlf: 636549853

Visitas: 125

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2019   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio