FRUGA urge a la convocatoria de la Interprofesional de vacuno de carne de Galicia ante la bajada de precios que sufre el sector

FRUGA URXE A CONVOCATORIA DA INTERPROFESIONAL DE VACÚN DE CARNE DE GALIZA, ANTE A BAIXADA DE PREZOS QUE SUFRE O SECTOR.

Os prezos da vacún de carne sufriron unha baixada considerable no primeiro semestre do ano, reducindose os seus importes entre 0,5 e 0,30 euros Kg canal.

Lugo, 30 de setembro de 2015. Nos meses de verán o normal sería que se producira unha recuperación considerabel dos prezos, coma veu acontecendo nos derradeiros anos. Esta suba de prezos no periodo estival non se produciu, co cal as explotacións de vacún de carne galegas, están a sufrir unhas perdas de ingresos considerables con respecto a ano anterior. Tendo en conta ademais que os custos de producción seguen a alza.
As causas desta baixada de prezos son múltiples, influindo aspectos como a baixada no consumo de carne derivada da crise económica actual. Igualmente influiu dunha forma decisiva o pecha das exportacións a Rusia, na cal non somentes se podía comercializar carne galega, senón que outros estados exportadores entraban en competencia directa cos mercados nos cales a presencia de carne galega era considerable.
Actualmente Galiza contan con preto de 10000 explotacíons de vacún de carne, con vacas nutrices destinadas ó cebo de xatos. Destas explotacións, un total de preto de 7700, forman parte da Indicación Protexida Denominación de orixe ternera gallega, que se caracteriza pola producción de carne de calidade. A producción de carne de vacún é a principal actividade en moitas comarcas do país, concretamente en comarcas como Ancares, Fonsagrada, A montaña de Ourense, e noutras ten un peso moi importante, como pode ser o caso, da comarca Lugo Centro, Sarria, Terra Chá….
A dia de hoxe dende a Federación Rural Galega-FRUGA, demandamos da consellería do medio rural, que poña en marcha a Interprofesional do Vacún de Carne de Galicia, mesa que por certo xa funcionou noutros tempos, e que coa chegada deste goberno a Xunta de Galicia, quedou eliminada ao igual que outros órganos de caracter interprofesional que funcionaron neste país durante o goberno bipartito.
É urxente a posta en funcionamente e convocatoria desta interprofesional, como único órgano de dialogo no cal o séctor ten que estar presente, sen nengún tipo de exclusión tanto pola parte productora como pola parte industrial.
En canto a xestión de axudas ó séctor de vacún por parte da consellería do medio rural, observamos como os sucesivos incumprimentos por parte da administración galega, que un importante número de gandeiros a través da Federación Rural Galega-FRUGA, tiveron que presentar un recurso contra a resolucion que denegaba a axuda de razas autoctonas do ano 2013 a mais dun 70% das solicitudes presentadas. A dia de hoxe xa temos noticia de que ese recurso foi admitido a trámite.

Asdo.: Elías Somoza.
Coordinador sectores gandeiros FRUGA. Tlf 617.486.223; 681.040.159

Visitas: 131

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2020   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio