La Federación Rural Gallega inicia una campaña en defensa del sector lacteo

A FEDERACIÓN RURAL GALEGA INICIA UNHA CAMPAÑA EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO 
Coa convocatoria de máis dunha ducia de asembleas nas comarcas leiteiras, a Federación Rural Galega pon en marcha unha campaña en defensa do sector lácteo dada a delicada e preocupante situación a que está sendo conducido nos últimos tempos.
 Lugo, 20 de Agosto de 2014.
  Para FRUGA a conxunción de factores que se están a producir no sector lacteo require que as administracións galega e estatal reaccionen e actuen xa. Non se pode agardar a que o sector entre nunha grave crise.
A nova baixada de prezos anunciada polas industrias, a posibilidade dunha multa por sobreproducción (supertaxa), o veto ruso e o reposicionamento dos sectores lacteos dos grandes paises produtores europeos e mundiais, presentan un panorama moi pouco claro. Fronte o cal as administracións están a mirar para outro lado.
Dende FRUGA demandamos que os representantes da administración deixen de ameazar @s gandeir@s e se poñan a traballar polo futuro futuro do sector.
Por todo o mencionado, imos contrastar c@s gandeir@s esta situación e recoller as súas inquedanzas sobre as medidas a adoptar para acadar a implicación das administracións nas posibles solucións. Que entendemos que poden pasar polos puntos que se recollen no boletín distribuido coas convocatorias:
• Negociación con Bruxelas, co fin de evitar o pagamento da multa por sobreprodución na campaña 2014-2015.
• Actuar sobre os custes de produción, favorecendo a mobilidade da terra, impedindo a forestación de terras agrarias e procedendo a unha ordenación dos cultivos. Esta Consellaría ten conxelado o Banco de Terra e non está servindo para o fin que foi creado.
• Observatorio Lácteo Galego. Este instrumento tampouco está cumprindo a función de determinar os custes de produción como paso previo para establecer prezos xustos para o noso leite e que cubran eses custes.
• Interprofesional Láctea Galega, como lugar onde chegar a acordos firmes e estábeis entre as partes, contando coa presenza da produción, industrialización, comercialización e administración.
• Grupo Lácteo Galego. O 80% do leite galego é transformado por industrias de fora da Galiza e iso repercute directamente sobre o prezo que se nos paga polo noso leite.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para completar esta información poden contactar con:
Elías Somoza Regueiro, responsábel de Sectores Gandeiros da FRUGA no 681 040 159 ou no 617 486 223
Nota;documento adjunto con información adicional: boletin%20de%20convocatoria.pdf
 

Visitas: 179

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2020   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio