Las declaraciones en el Juzgado de los directivos de "Alimentos Lácteos" ratifican la necesidad de una comisión de investigación en el parlamento gallego, según FRUGA

AS DECLARACIÓNS NO XULGADO DOS DIRECTIVOS DE ALIMENTOS LÁCTEOS RATIFICA A NECESIDADE DE CREACIÓN DUNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN NO PARLAMENTO GALEGO

Segundo eles, a Xunta de Galiza participaba directamente nas decisións tomadas desde a propia empresa, o que a fai responsable da situación actual.

Dous dos directivos da empresa Alimentos Lácteos (AALL), Eugenio Montero e Arcadio López (ámbolos dous, membros do Partido Popular), foron chamados onte a declarar no Xulgado Mercantil en Lugo despois de que o administrador concursal presentara unha demanda contra eles por, supostamente, ter cobrado ilegalmente, cada un deles, soldos por un importe mensual de 5.800 euros ao mes.

O motivo é porque, segundo a acusación, Montero e López cobraron os seus soldos aínda que a empresa non estaba dando beneficios, o que é incompatible cos estatutos, e xa que logo, ilegal. Outro punto chamativo nete caso é que nen tan sequera existiron contratos laborais entre estas dúas persoas e AALL.

Na vista, o propio Eugenio Montero, ante a pregunta de porqué posteriormente deixaron de recibir os seus salarios por parte de AALL, respostou que iso aconteceu porque se tomara a decisión directamente desde a Xunta, e que polo tanto, seguindo a declaración, debían cesar das súas funcións. É dicir, que desde o propio executivo de Feijoo partiu a orde de que debían deixar de recibir os seus soldos.

Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, estas manifestacións confirman que a Xunta de Galiza era quen dirixía o proxecto, o que a fai responsable, xa non só da creación de Alimentos Lácteos baixo criterios partidistas e caciquís, senón tamén da súa mala xestión e posterior quebra.

Desde FRUGA, esiximos primeiramente unha solución para o perto de 1000 produtores/as aos que se lles adebeda o leite de varios meses e que se reactive a actividade na planta.

Do mesmo xeito, vemos imprescindible a creación dunha comisión de investigación no Parlamento Galego que axude a aclarar cal foi realmente o papel da administración galega, así como a necesidade de depurar responsabilidades políticas, e penais se as houbera, ata as súas últimas consecuencias.

Para completar esta información poden contactar con: Elías Somoza Regueiro, responsábel de sectores gandeiros de FRUGA no 617 486 223.

Visitas: 204

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2020   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio