Según FRUGA: El sector de vacuno de carne reacciona y exige a la junta de Galicia el manteninienrto de las ayudas

O VACÚN DE CARNE REACCIONA E ESIXE Á XUNTA DE GALIZA O MANTEMENTO DAS AXUDAS

FRUGA agarda que a Xunta rectifique, namentres seguiremos coa nosa campaña informativa

Lugo, 18 de marzo de 2014. Cando en abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) do goberno bipartito, sacou a liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea de apostar por unha produción de alimentos sans e de calidade, tanto a CMR como os/as titulares das granxas, asumían durante cinco anos un compromiso: os/as gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban as razas autóctonas en base á superficie e, a cambio, a CMR facíase responsable do pago de ata 156 € anuais por animal reprodutor.

O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, dado que non podía eliminar estas axudas, comezou un constante recorte dos importes que reciben os labregos/as (xa na campaña 2011 o retallamento chegou a un 45% sobre a cantidade inicial), pero foi na campaña correspondente ao ano 2012 que, aínda agora se ven de resolver, cando o executivo de Núñez Feijoo deixo ver o pouco que significa para el o sector de vacún de carne galego.

Nesta anualidade, sobre o 75% das solicitudes de renovación de compromisos no ano 2012  quedaron fora das axudas, iso si, unha vez que as explotacións afectadas si que cumpriron coas súa obrigas.

En base a isto, a Federación Rural Galega-FRUGA comezou unha campaña informativa denunciando este abuso onde se instaba a todos/as os/as afectados/as a recurrir esta resolución que consideramos inxusta. Tamén, a partir de aí, acordouse realizar unha mobilización do sector de vacún de carne en Lugo, que é onde se atopan a maior parte dos afectados.

Pois ben, a concentración celebrouse hoxe pola mañá diante da delegación da Xunta de Galiza en Lugo a onde se achegaron centos de persoas afectadas. Alí, Xurxo Álvarez e Elías Somoza, presidente e responsable de sectores gandeiros de FRUGA, denunciaron os retrasos na resolución desta axuda, a súa notificación só a través do DOG e tamén os erros que tamén se deron en moitas das aprobacións, en definitiva, a situación de indefensión na que se atopan os/as afectados/as.

Tamén falouse da necesidade de deter a agresividade con que a Xunta de Galiza actúa contra o vacún de carne: os continuos recortes e a posterior non renovación do Contrato de Explotación Sustentable (CES), a paralización do BANTEGAL e a falta de defensa dos intereses das granxas galegas no próxima reforma da PAC e que vai supoñer menos ingresos dos actuais, sumada ao constante suba dos costos de produción e o conxelamento dos prezos que reciben os/as labregos/as, fan que o descenso da renda sufrido nas explotacións de carne sexa máis que preocupante.

Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, continuaremos loitando para facerlle ver ao Sr. Núñez Feijoo, que lle debe un respecto ao sector do vacún de carne, una actividade estratéxica en Galiza que emprega a 9.000 familias e que é a principal actividade económica en moitas comarcas.

Do mesmo xeito, continuaremos atentos do que poida acontecer con esta axuda de razas autóctonas en extensivo: non pararemos ata que a Xunta de Galiza rectifique e se aproben todos os expedientes que cumpriron cos seus compromisos.

Para completar esta información poden contactar con:

Elías Somoza Regueiro, responsábel de Sectores Gandeiros da FRUGA no 681 040 159 ou no 617 486 223

Visitas: 190

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2021   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio