Según FRUGA Los acuerdos de la Conferencia Sectorial de Agricultura son otro golpe para el medio rural gallego

OS ACORDOS DA CONFERENCIA SECTORIAL DE AGRICULTURA, OUTRO GOLPE PARA O RURAL GALEGO

Os acordos tomados perxudican a Galiza, xa que favorecen un modelo de explotación agraria que non é o noso

Lugo, 23 de xaneiro de 2014. Esta semana reuníronse as Comunidades Autónomas co Ministerio de Agricultura co obxectivo de ir pechando as cuestións pendentes da nova PAC competencia do Estado. Nestas negociacións o sector agrario galego xógase moito, xa que, nesta reforma, a marxe de manobra dos Estados membros é ben maior que outras veces. Aínda así, o Goberno Galego renuncio á defensa do rural galego e pregouse aos ditados do PP que veñen desde Madrid.

A redución de fondos que vai supoñer a reforma da PAC para os/as labregos/as galegos/as xa comezara previamente, cando se tomaron unha serie de acordos previos a nivel europeo que desde FRUGA valoramos como perxudiciais: a renuncia de medidas de regulación dos mercados, o que axudará a que haxa ciclos de prezos agrarios moi baixas, así como a definición excesivamente permisiva do que será un agricultor a título profesional (ATP), e xa que logo, beneficiario das axudas da PAC sumado ao tope marcado por solicitante demasiado alto, permitirá que a maioría dos fondos acaben en mans de grandes empresas e terratenentes que nada teñen que ver coa actividade agraria.

Agora ben, as consecuencias da reforma da PAC na Galiza vaise ver agravado polas decisións tomadas no Estado Español, que non atenden en ningún caso aos intereses do noso País: a decisión de non chegar ao máximo permitido do 15% do total do orzamento para adicar ao pagos ligados á produción, finalmente será dun dun 12%, a determinación de non favorecer as primeiras 30 hectáreas e non ter en conta nin o tamaño das explotacións nin os postos de traballo xerados van provocar que os/as labregos/as galegos/as reciban importes substancialmente inferiores, así como a exclusión de sectores tamén moi importantes como o viño e a horta van ter unhas consecuencias nefastas para Galiza.

Tamén, no tocante ás axudas de desenvolvemento rural, acordouse que o Estado, en lugar de aportar o 50% do importe como ata o de agora, pasará a participar só cun 30%, o cal sementa dúbidas sobre o seu futuro, porque do 20% que falta tería que facerse cargo del o Goberno Galego e isto, hoxe en día, non da ningunha garantía.

Desde FRUGA, temos claro que Galiza non pode renunciar a ter unha política agraria propia ao tempo que defender unha posición clara e valente perante as agresións do goberno español para mellor defender os nosos sectores produtivos agrarios e un mundo rural galego vivo e con futuro.

Por iso pensamos que Núñez Feijoo debera ir a Madrid con frecuencia, si, pero en lugar de ir buscando as fotos na feiras destinadas ao turismo que lle poidan servir de trampolín, debera ir a facer o seu traballo que é o de defender un dos sectores estratéxicos para Galiza como é o sector agrario.

Para completar esta información poden contactar con: Elías Somoza Regueiro, responsábel de sectores gandeiros de FRUGA no 617 486 223

Visitas: 144

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2019   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio