FRUGA exige un plan de viabilidad que garantice la continuidad de la empresa de Alimentos Lacteos

FRUGA EXIXE UN PLAN DE VIABILIDADE QUE GARANTA A CONTINUIDADE DA EMPRESA ALIMENTOS LÁCTEOS

A continuidade do proxecto debe asentarse nun prezo digno para o sector produtor.

Lugo, 14 de maio de 2013. En 2009, Pascual, atendendo años seus intereses empresariais, desfacíase da planta de envasado de leite en Outeiro de Rei. Un importante número de cooperativas galegas, algunha delas xa con experiencia na comercialización, mostrou o seu interese en facerse coa fábrica e, aínda que parecía a oferta máis viable, non foi a opción que finalmente callou.

Despois do veto por parte da Xunta de Galiza á maioría destas cooperativas, constituíase a empresa Alimentos Lácteos (AALL) dacordo cos intereses partidistas do Partido Popular, onde o poder de decisión quedaba baixo dúas cooperativas Gancobre e A Arzuana, dirixidas por persoas directamente vinculadas ao propio PP.

Despois de tres anos e medio de vida, este proxecto deixa tras de si unha serie de sospeitas: a empresa ten presentado o preconcurso de acredores recoñecendo perdas de 15 millóns de euros, despois de ter fundido 9 millóns de axudas públicas sen que a propia Xunta, responsable como é de fiscalizar as subvencións que asigna, nin sequera teña exixido unha simple auditoría para coñecer a situación económica de AALL.

Esta situación tamén afecta ao sector produtor, por unha banda AALL estableceu unha estratexia de posicionamento no mercado baseada na oferta de prezos baixos á distribución, o que supuxo primeiramente unha baixada de prezo do leite aos/ás seus/súa subministradores/as e por extensión, posteriormente, axudou á baixada que se produciu no conxunto do sector produtor. Por outra banda, a propia empresa contraía débedas con perto de 1000 produtores/as que entregaban o leite ás cooperativas que forman parte de AALL.

Desde FRUGA vimos demandando desde hai ben tempo responsabilidades políticas (e penais se as houbera) así como solucións para garantir o mantemento da actividade na planta de Outeiro de Rei; do mesmo xeito, tamén exiximos que se salden as débedas adquiridas cos/as produtores/as.

A Xunta debe actuar de inmediato, non queda máis marxe de tempo, restan semanas para que se tome unha determinación: ou ben AALL presenta un plan de viabilidade ou ben entra en concurso de acredores. As decisións que a Administración Galega tome deben ir encamiñadas cara unha necesidade á que Galiza non debe renunciar: a creación do Grupo Lácteo Galego.

A Xunta debe garantir a continuidade de AALL, fomentando un plan de viabilidade onde, de establecerse reducións nos custos de produción, non sexan en base a unha baixada de prezos ao sector produtor, é dicir, garantindo que non se cometan abusos a un sector xa de por si castigado.

En lugar diso, Nuñez Feijoo está desaparecido. Aínda que puidera ser mellor así, visto o que aconteceu co naval galego, no que pasou de ser o seu salvador cuns supostos contratos que ían levantar o sector, pasou a directamente a desmantelalo. Esperemos que non volva facer das mesmas e que pretenda desarmar o sector leiteiro galego para que pasemos a consumir leite en po mexicano.

Para completar esta información poden contactar con:

Elías Somoza Regueiro, responsábel de sectores gandeiros de FRUGA, no 681 040 159 ou no 617 486 223

Visitas: 195

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos para añadir comentarios!

Participar en Union de Uniones de Agricultores y Ganaderos

https://www.facebook.com/uniondeuniones

EL TIEMPO

 

© 2021   Creado por UNIÓN DE UNIONES.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio